Home / Sociedad / Educación / Abre o prazo de inscrición para un curso de fruticultura en San Sadurniño

Abre o prazo de inscrición para un curso de fruticultura en San Sadurniño

Membros da AGFA do Eume acoden regurlarmente a supervisar e manter a horta de froiteiras autóctonas de San Sadurniño (Foto: Ferrol360)

Membros da AGFA do Eume acoden regularmente a supervisar e manter a horta de froiteiras autóctonas de San Sadurniño (Foto: Ferrol360)

FERROL360 | Martes 3 setembro 2013 | 20:59

Coñecer ben de cerca a nosa flora e o entorno natural é algo que está ao noso alcance e que a longo prazo ofrece recompensa.

O concello de San Sadurniño, en colaboración coa Asociación Galega de Froitas Autóctonas (AGFA) do Eume organizan para o mes de outubro un curso teórico e práctico de fruticultura.

Saber cando plantar ou podar unha árbore para obter unha boa produción ou evitar as pragas e enfermidades que ameazan ás nosas froiteiras, son algunhas das cuestións que se abordarán nestas sesións que se desenvolverán ao longo de 21 horas de duración. Malia que aínda se descoñece a data de inicio -cómpre agardar para facer un grupo mínimo de 15 persoas-, a actividade levarase a cabo durante sete días de outubro en horario de 19:00 a 22:00 horas.

O profesorado serán expertos pertencentes á Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume, unha entidade coa que o Concello ten subscrito un convenio de colaboración que inclúe o mantemento anual das froiteiras e tamén a organización de accións formativas.

Para participar no curso que oferta ata 25 prazas, hai que ser maior de 18 anos e inscribirse na casa da cultura. O prezo é de 25 euros por persoa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies