Home / Sociedad / Naturaleza / Abre o prazo para inscribirse na XIX Feira da Plantación de San Sadurniño

Abre o prazo para inscribirse na XIX Feira da Plantación de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 14:50

O vindeiro 27 de abril, San Sadurniño celebrará a edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que conforma un rico escenario de flora autóctona, enchendo de colorido primaveral o municipio.

O que se pretende é potenciar as «posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural», tal e como indica o consistorio, que por segundo ano consecutivo asume a organización dun evento que durante dezasete anos foi levado a cabo pola asociación Bidueiro. Ademais, coa feira queren «promocionar a produción e comercialización agrícola da zona», acollendo numerosos expositores -principalmente locais e comarcais- para a venda de árbores, flores, produtos de horta e maquinaria.

Terá lugar dende a mañá ata ben entrada a tarde na explanada do CPI de San Sadurniño, onde se instalará unha carpa de 2000 metros cadrados para acomodar aos expositores inscritos. Contará con postos para xantar, celebraranse sorteos e, como cada ano, os visitantes recibirán completamente gratis unha planta de recordo.

A pasada edición congregou unhas 4.000 persoas e xuntáronse unha trintena de expositores. O prazo para inscribirse remata o próximo día 22 ás 14:00 horas. Haberá que cubrir unha solicitude e presentala no rexistro municipal, enviala por correo postal ao Concello -avenida Marqués de Figueroa, 5, c.p. 15560- ou ben a través do correo electrónico agustin.perez@sansadurnino.dicoruna.es.

A lista definitiva de postos admitidos publicarase o 24 de abril. Máis información nos teléfonos 981 490 027 e 616 332 919.

Solta de curuxas nos xardíns do Pazo

Este mércores, o Concello de San Sadurniño, en colaboración co CPI, organiza unha actividade relacionada co mundo das aves, dirixida ao alumnado de Educación Infantil e 1º da ESO.

Constará dunha sesión informativa impartida por membros do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Xunta de Galicia que, dende Oleiros, desprazaranse a San Sadurniño para, ademais, soltar dúas curuxas atopadas hai nove meses no edificio anexo ao Pazo da Marquesa mentres se realizaban os traballos de recuperación.

Será un acto simbólico para reintroducir a estas aves no hábitat que as viu nacer. A actividade comezará ás 12 do mediodía.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies