Home / Actualidad / Acordo entre BNG, PSOE, Somos Fene e EU para formar goberno en Fene

Acordo entre BNG, PSOE, Somos Fene e EU para formar goberno en Fene

FERROL360 | Mércores 10 xuño 2015 | 17:31

As formacións de BNG, PSOE, Somos Fene e EU chegaron a un acordo para formar goberno en Fene. Despois das xuntanzas dos últimos días, os catro grupos definiron un programa de mínimos que deberá servir de base «para a posta en marcha dun goberno estable, solvente e de esquerdas» no Concello, indican nun comunicado.

A intención das forzas políticas é publicar ese programa para que os veciños podan consultalo. Agora, as xuntanzas proseguirán co obxectivo de concretar un organigrama de goberno que defina concellerías e responsabilidades. Cabe lembrar que este sábado 13 de xuño terán lugar os plenos de investidura en todos os Concellos.

Un comentario

  1. O BNG chega a acordos co Psoe e EU en Fene, pero en Ferrol non quere entrar no goberno.
    Así lle vai ó BNG

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies