Home / Actualidad / Acordo entre TEGA e PSdeG-PSOE para gobernar Narón

Acordo entre TEGA e PSdeG-PSOE para gobernar Narón

FERROL360 | Martes 16 xuño 2015 | 20:00

Os membros de Terra Galega e do PSdeG-PSOE chegaron a un acordo para conformar equipo de goberno en Narón, no que TEGA terá dez edís e os socialistas dous. As dúas forzas reeditan o pacto da pasada lexislatura co obxectivo de defender os intereses dos naroneses, segundo indican nun comunicado desde Terra Galega.

Así, os socialistas Catalina García e Octavio Dopico formarán parte do grupo de goberno despois de que a militancia aprobara maioritariamente dar este paso nunha asemblea celebrada este luns. García continuará ao frente da concellería de Acción Social e Participación Cidadá, ao igual que na pasada lexislatura, e Dopico asume a concellería de Sanidade e Medio Ambiente.

O equipo de goberno aínda non está pechado, á espera de coñecer a decisión do BNG, que consultará este punto nunha asemblea de militantes. Así as cousas, nos vindeiros días daranse a coñecer as áreas de goberno que corresponderán á totalidade dos concelleiros.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asegura que o pacto entre TEGA e PSOE é froito dunha visión común sobre as liñas que deben marcar o futuro crecemento do municipio. Blanco tamén salienta o traballo que TEGA e PSOE realizaron conxuntamente nos últimos catro anos, nun ambiente de absoluta colaboración.

Ambos grupos consideran que «o traballo conxunto de varias forzas políticas é beneficioso para gobernar» porque «entre todos poderemos analizar en cada momento qué é o mellor para os veciños e veciñas», sinala o rexedor no comunicado.

Pola súa banda, Catalina García asegura que «o mellor para a cidadanía é sumar forzas» e destaca que acadaron este acordo porque «pensamos que vai ser beneficioso para os naroneses e as naronesas». A socialista indica ademais que tanto ela como Dopico teñen «a grande responsabilidade de sacar adiante o noso programa nas nosas áreas, ademais de colaborar nas outras». Tamén quixo agradecer á militancia a confianza que depositaron neles.

Un comentario

  1. ¡Listo! ¡Arreglao! Ya están justificados los 40000€ anuales que cobra Catalina. Solucionados los problemas de Narón. ¡Ah, no! ¡Qué aún falta Villamar por unirse al cotarro!

Responder a Isabel Romero Eliminar comentario

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies