Home / Ferrol / Ferrol / Actívase o novo Hospital de día no Naval co traslado da atención a crónicos

Actívase o novo Hospital de día no Naval co traslado da atención a crónicos

FERROL360 | Xoves 8 outubro 2015 | 16:18

Co traslado da consulta de crónicos, a Xerencia Integrada de Ferrol activou o Hospital de día no Naval. Deste xeito, aglutínase neste centro a asistencia médica unificando tanto a atención ó paciente crónico, que xa se leva a cabo, como nunha segunda fase incorporando parte da actividade do actual Hospital de Día Hemato-Oncolóxico do Hospital Arquitecto Marcide.

Así, procederase ao desdobramento do actual Hospital de Día sobre o que se están a facer obras de mellora e ampliación da sala espera e de tratamentos. Coa creación deste novo dispositivo amplíase a atención en nove cadeiras de tratamento e dúas camas e emprázase nas antigas Urxencias do Hospital Naval no primeiro andar.

A Hospitalización de Día é unha modalidade asistencial máis dentro da carteira de servizos sanitarios que permite a asistencia hospitalaria durante horas, xa sexa con fins diagnósticos ou terapéuticos, e que se sitúa entre a actividade propia da consulta externa e a hospitalización convencional con ingreso.

Defínese como «unha unidade asistencial onde, baixo a supervisión ou indicación dun médico especialista, se leva a cabo o coidado das persoas que deben ser sometidas a métodos de diagnóstico ou tratamento que requiran durante horas unha atención continuada médica e de enfermaría, pero non necesariamente o internamento no hospital».

Hospital de Día

Na Xerencia Integrada de Ferrol existía ata o de agora un Hospital de Día polivalente no Hospital Arquitecto Marcide, onde se atenden a todos os pacientes subsidiarios desta modalidade asistencial, e que abrangue todo tratamento ambulatorio, sen ingreso, para a administración de medicación hospitalaria.

O maior peso destes dispositivos ten recaído nos servizos de oncoloxía e hematoloxía, que supón o 80 % das actuacións deste tipo. A aparición de novos tratamentos implicou tamén a incorporación de grupos de persoas do ámbito da medicina interna, reumatoloxía, nefroloxía, dixestivo, dermatoloxía e neuroloxía, aumentando o peso do paciente non oncolóxico.

Nestes dispositivos realízanse, por exemplo, biopsias, colocación de bombas subcutáneas para tratamento, coidados procedementos, curas, drenaxes, coidados de catéter, infusións, intubacións, puncións, ou transfusións sanguíneas. Realízanse unha media diaria de 60 tratamentos entre intravenosos, subcutáneos e orais.

Obras no Hospital Naval

A obra para a creación deste novo centro comezaba o pasado mes de xullo e contaba cun investimento de 32.428 euros. Así, habilitouse unha zona de entrada e control con espazo para secretaría e despacho, e unha área de espera para pacientes. Habilítanse catro consultas e postos de tratamentos e preparacións.

O obxectivo desta intervención é mellorar a capacidade de resolución ambulatoria nos servizos, aglutinando a actividade existente en distintos dispositivos, tanto en consulta, en urxencias, como no actual Hospital de Día. Dende o punto de vista estrutural, unifícanse os espazos nunha soa sala máis grande eca máis cómodace accesiblecpara pacientes e profesionais.

Dende o punto de vista funcional, permitirá ir ampliando a carteira de servizos ambulatorios que se ofrece a estes pacientes, e coordinar toda a atención necesaria para o paciente crónico ou que ten un tratamento prolongado

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies