Home / Actualidad / Acto público este venres do BNG de Ferrol para conmemorar o Día da Patria Galega

Acto público este venres do BNG de Ferrol para conmemorar o Día da Patria Galega

FERROL360 | Venres 17 xullo 2015 | 13:12

O BNG organiza un acto público este venres dentro da campaña para conmemorar o Dia da Patria Galega. A cita será este venres, ás 19:45 horas, na Galeria Sargadelos e contará coa participación dos concelleiros, Eva Espiñeira e Iván Rivas, e coa deputada no Congreso Rosana Pérez.

Os nacionalistas comemoran este ano o Día da Patría baixo o lema: Soberanía é Democracia. Así, demandan a defensa dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva dun novo contexto que, previsiblemente, se abrirá no conxunto do Estado, segundo indican nun comunicado.

Desde o Bloque de Ferrol animan á cidadeanía a participar na manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o vindeiro día 25 de xullo. Así como a pendurar das xanelas e balcóns das casas de toda Galicia a nosa bandeira nacional.

Publicidad

campamentos

Un comentario

  1. Home! Apareceron! Debían estar de vacacións, porque da crise da auga non dixeron nada. Pero para festas floclóricas, de primeiros. JAJAJA.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies