Home / Ferrol / Ferrol / ADEGA concentrarase este xoves ante a Xunta en Ferrol para pedir a retirada de refugallos en Vilar do Colo

ADEGA concentrarase este xoves ante a Xunta en Ferrol para pedir a retirada de refugallos en Vilar do Colo

FERROL360 | Mércores 28 outubro 2015 | 11:47

A asociación ecoloxista ADEGA convoca unha concentración este xoves, ás 17:30 horas, diante do edificio da Xunta de Galicia en Ferrol para pedir a retirada de refugallos na contorna do polígono de Vilar do Colo.

Tamén farán entrega por Rexistro dunha «botella con auga contaminada polos devanditos refugallos e un saco co material contaminante». Acompañarán estes obxecto dun escrito no que esixen ao goberno de Nuñez Feijóo que cumpra a sentenza da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) na que «ordena a retirada destes refugallos altamente tóxicos depositados no chamado Monte dos Cocidos».

A entidade sinala que os refugallos deben ser retirados polo propietario dos mesmos ou ben pola Xunta de Galicia como responsable civil subsidiario. Ademais, a sentenza obriga a que terreos recuperen o seu estado orixinal.

«Estes refugallos están a producir unha contaminación no Rio Baa o cal, vai desembocar na ría de Ferrol» e algúns concellos recollen auga deste río para uso domestico en caso de problemas co suministro, denuncian desde ADEGA.

Por último, a entidade advirte que está comprobado cientificamente que este tipo de refugallos alteran o metabolismo celular das especies que están expostas a eles, ademais de alterar o meio ambiente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies