Home / Ferrol / Ferrol / ADEGA denuncia a corta dunha planta en perigo de extinción en Santa Comba

ADEGA denuncia a corta dunha planta en perigo de extinción en Santa Comba

FERROL360 | Xoves 12 junio 2015 | 19:22

A organización ecoloxista ADEGA denuncia que ao desbrozar o perímetro do aparcadoiro en Santa Comba cortouse unha planta en perigo, a herba becerra (Antirrhinum majus subsp. Linkianum). Desde a entidade critican nun comunicado que «unha vez máis volvemos comprobar como a administración volver ser o peor perigo para o medioambiente».

A corta desta planta demostra «o pouco interese que ten a administración polo medioambiente, e a deixadez nos mecanismos de control sobre as actuacións en zonas protexidas», indican desde a organización. ADEGA lembra que a costa aberta de Ferrol, incluídas as praias, están dentro da redenatura2000 e son un lugar de interese comunitario e zona de especial protección para aves.

Así, explican que dentro deses espazos protexidos existen varios hábitats prioritarios como as dunas grises, caso no que se atopa este grupo de herbas becerras, «polo que esta situación é aínda máis grave», recarman desde ADEGA.

Ante esta situación, a entidade advirte que «os desbroces con máquinaria non só son prexudiciais por non ser selectivos, senón porque son un vehículo de introdución de especies invasoras», xa que as máquinas empréganse indistintamente na corta nun e noutros lugares e non son esterilizadas.

Por iso recomendan que se é preciso realizar esta labor, debe facerse sempre a man tanto para evitar cortar «o que non se quere» como para non introducir especies invasoras.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies