Home / Ferrol / Ferrol / Adega organiza unhas xornadas de compostaxe este xoves no barrio de Canido

Adega organiza unhas xornadas de compostaxe este xoves no barrio de Canido

FERROL360 | Martes 2 decembro 2014 | 15:25

Adega organiza unhas xornadas sobre compostaxe este xoves na AVV de Canido ás 20:00 horas. Desde a entidade afirman que a compostaxe a nivel doméstico ou comunitario é a solución máis ecolóxica, razoable e económica para os residuos orgánicos do fogar, combinada no seu caso coa alimentación animal.

Así, na xornada explicarase que as familias poden solucionar o problema da maior parte do lixo mediante a compostaxe caseira. E é que cos restos das podas e do xardín, os restos de comidas ou de vexetais elabórase compost, que á súa vez é un excelente fertilizante orgánico para os cultivos.

Na xornada intervirá María Lafuente, vogal de residuos de ADEGA, e se o tempo o permite visitarán un composteiro para comprobar in situ como funciona esta técnica. Os interesados en participar e que precisen máis información poden chamar ao 698 135 225 ou escribir a adegatrasancos@adega.gal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies