FERROL360 | Sábado 20 diciembre 2014 | 19:01
A Asociación de Empresarios Ferrolterra e Universidade de A Coruña asinan un convenio de colaboración para animar ás empresas da comarca a apostar pola innovación. Así, porán en marcha un curso de Posgrao Universitario en Xestión Empresarial da Innovación.
O posgrao está dirixido a xestores de empresas, persoal directivo e profesionais, licenciados, e
estudantes. A preinscrición xa está aberta e o curso comezará no mes de febreiro de 2015. O horario previsto é os venres tarde e os sábados mañá. A duración total será de 140 horas.
Os contidos deste curso están enfocados a ofrecer respostas ás necesidades actuais do sector empresarial. Con este convenio, AEF e a UDC procuran a integración da innovación na empresa a través do seu propio persoal, de xeito que se poidan aproveitar as sinerxías entre ambas institucións e se produza unha transferencia de coñecemento nas dúas direccións.
Para máis información, pódese chamar ao teléfono da AEF: 981.333.305, ou tamén nesta web e nestra outra.