FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 00:00
A Asociación de Empresarios Ferrolterra, en colaboración con CVtic, organiza unha xornada sobre a seguridade de dispositivos móbiles na empresa para este xoves. A formación será nas instalacións da entidade en horario de 18:00 a 19:00 horas.
Esta xornada ten como obxectivo informar sobre as diferentes ameazas, riscos e mecanismos de control útiles para facer un uso o máis seguro posible dos dispositivos móbiles no ámbito da empresa. Así, está diseñada principalmente para os empresarios/directivos das empresas usuarias destos dispositivos e usuarios en xeral.
Carlos Vila Martínez, técnico especialista en informática de xestión, consultor e formador TIC, será o encargado de impartir esta actividade. Ademais, é perito informático membro do COP e cofundador e director de consultoría TIC “CVCtic”.
A xornada, que é gratuíta, require de inscrición previa no enderezo electrónico: info@empresarios-ferrolterra.org ou no télfono 981.333.305.