Home / Sociedad / Entidades sociales / AFAL Ferrolterra celebra a súa Cea Solidaria o vindeiro 18 de setemebro

AFAL Ferrolterra celebra a súa Cea Solidaria o vindeiro 18 de setemebro

FERROL360 | Mércores 9 setembro 2015 | 10:28

AFAL Ferrolterra organiza un ano máis a súa Cea Solidaria con motivo do Día Mundial do Alzheimer. Un evento co que a asociación busca recadar fondos para continuar coa súa labor a favor das persoas afectadas de Alzheimer e das súas familias, ofrecendo ao mesmo tempo unha actividade atractiva, con moitas sorpresas e agasallos.

Este ano, o esceario elixido é o restaurante do Hotel Valcarce, emprazado no polígono de Río do Pozo, en Narón. Terá lugar o venres 18 de setembro e as persoas interesadas en asistir poden xa anotarse. Para iso, deben enviar un correo ao enderezo comunicación@afalferrolterra.com; chamar ao teléfono 619 73 66 20 ou acudir á asociación na rúa Río Castro, 43-45 baixo, Ferrol. O prazo concluirá o 14 de setembro.

O prezo da entrada é de 33 euros, a ingresar na conta de ABanca: 2080 0215 45 3040011872. A Cea dará comezo ás 21,30 horas e os asistentes terán á súa disposición un photocall para participar na campaña No Alzheimer Ti es unha Peza Importante. Para iso, terán que fotografarse cunha peza de puzle que posteriormente se compartirá nas redes sociais. A continuación comezará a cea. Realizarase o sorteo unha morea de agasallos cedidos por locais e negocios colaboradores e homenaxearase ao Socio do Ano de AFAL.

Entregaranse pequenos obsequios elaborados polos usuarios de AFAL e, finalmente, iniciarase o baile, amenizado polo grupo Los Zares, que volve a colaborar coa asociación un ano máis.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies