FERROL360 | Venres 4 setembro 2015 | 14:13
Co obxectivo de manter vivo o folclore tradicional eumés e da contorna, a Agrupación Airiños do Eume organiza unha Foliada este venres 4 de setembro na praza do Convento en Pontedeume. A actividade comezará ás 20:00 horas cun obradoiro gratuíto de baile e ás 21:00 horas haberá actuacións dos diferentes grupos participantes.
Estes son: Berros do Castro, Lilainas de Miño, Cantareiras Xirifeiras de Airiños de Fene, Benval, Lume nas Ferreñas, San Xoan de Ouces, Grupos de ACRD O’Castro e os anfritións Airiños do Eume.
Segundo a organización, a festa está asegurada e haberá comida e bebida a prezos populares. Tamén sortearán unha cea para duas persoas nun restaurante ubicado nas Fragas do Eume.