FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 17:31
Os amantes dos monólogos e do teatro cómico teñen unha cita este venres 12 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Fene con Alberte Montes. O actor e humorista galego presentará o seu espectáculo Alberte Contador, un show disparatado no que fálase de ciclismo, das sestas que Montes bota vendo o Tour, de dopaxe (a que hai no ciclismo e a que hai en San Fermín) e tamén da súa relación co deporte, «relación semellante á que Superman ten coa kriptonita».
O estilo de Montes é moi teatral e retranqueiro. Nos seus espectáculos adoita contar anécdotas da súa vida e ilustrar a idiosincrasia galaica, aínda que sabe tamén destripar con moito estilo a actualidade máis mediática. A entrada é libre ata completar aforo.
A función, organizada pola Concellería de Cultura dentro dos actos de conmemoración do XXX aniversario do Museo do Humor de Fene, encádrase no ciclo Cultura no Camiño que promoven a Xunta de Galicia e Agadic.