Home / Cultura / Alberto Cardona e Cristian Fojón son os gañadores do concurso «Curuxa do Humor»

Alberto Cardona e Cristian Fojón son os gañadores do concurso «Curuxa do Humor»

FERROL360 | Domingo 19 xuño 2016 | 13:58

O xurado do XX Concurso de Humor Gráfico «Curuxa do Humor» decidiu que os gañadores deste ano foran Alberto Cardona e Cristian Fojón. Cardona fíxose co primeiro premio da categoría Curuxa, dotado con 2.000 euros, pola súa obra Ray. O xurado destaca o pouso que deixa a historia, aberta, de humor negro, e cunha excelente resolución gráfica acorde coa temática abordada.

Mentres, Fojón acadou o primeiro premio da categoría Curuxa Nova, dotado con 1.000 euros, polo seu traballo Buxatiño co título «Adaptación ao medio». O xurado salienta a súa grande calidade gráfica e orixinalidade no aproveitamento dun tema de actualidade nas redes sociais para plasmalo de xeito humorístico en formato de cómic.

O segundo premio Curuxa foi para Antón Lezcano polo seu traballo Bombilla e titulado «Modernas». O premio está dotado con 1.500 euros e o xurado destacou o seu humor directo e moi galego, contrapoñendo a modernidade con aquilo que funcionou toda a vida.

E na categoría Curuxa Nova o segundo premio foi para Alba Souto polo seu traballo A Gaivota de Amalia. Lévase 500 euros e o xurado valorou o seu estilo persoal, o traballo da cor e a crítica social reflectida na denuncia da contaminación.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies