Home / Actualidad / Alcalde e concelleiros de Narón explicarán o funcionamento das súas delegacións á cidadanía

Alcalde e concelleiros de Narón explicarán o funcionamento das súas delegacións á cidadanía

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 12 novembro 2015 | 19:13

Dar un paso máis na participación para que os veciños de Narón coñezan o funcionamento interno do Concello, ese é o obxectivo do Encontro informativo entre alcalde, concelleiros e naroneses que terá lugar o vindeiro 18 de novembro.

A cita será no Pazo da Cultura ás 19:00 horas e poderán asistir as entidades do municipio e veciños a título individual. Os grupos da oposición tamén están convidados e poderán explicar, se así o desexan, o traballo que realizan.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou en rolda de prensa este xoves que o acto está aberto a quen «teña interesen en coñecer o funcionamento da administración local».

Blanco subliñou que Narón leva «moitos anos dando participación» aos veciños e puxo de exemplo os orzamentos, que se tratan de consensuar cos veciños para atender ás necesidades das diferentes parroquias.

Neste encontro os concelleiros explicarán cales son as súas competencias, os seus horarios de atención ao público e os proxectos que realizaron e os que aínda están pendentes, entre outros

A voceira do PSOE, Catalina García, explicou que cada concelleiro terá tres minutos para explicar as súas funcións e tamén atenderán ás preguntas que o público asistente desexe realizar. As entidades da localidade xa foron convidadas a participar e deben confirmar a súa asistencia.

García sinalou que esta iniciativa responde á petición dalgunhas entidades que renovaron directivas recentemente e avanzou que alumnado e un profesor do colexio Santiago Apóstol participarán nun simulacro de plenos escolares formulando algunhas preguntas.

Por último, o voceiro do BNG, Pablo Villamar dixo que este é «un esforzo do Goberno de transparencia e participación» e fixo un chamamento á cidadanía porque «nos gustaría ver o Pazo cheo e ós cidadáns participando».

Un comentario

  1. Será para lavar sus conciencias y justificar las 6 dedicaciones exclusivas que pagan los naroneses, todavía no se sabe muy bien por qué.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies