Home / Actualidad / Alianza Social Galega convoca unha manifestación este domingo contra a lei de seguridade cidadán

Alianza Social Galega convoca unha manifestación este domingo contra a lei de seguridade cidadán

FERROL360 | Sábado 22 novembro 2014 | 11:30

Os sindicatos CIG, UGT, CCOO e USTG, baixo o nome de Alianza Social Galega, convocan unha manifestación para este domingo 23 de novembro ás 12:00 horas contra a lei de seguridade cidadán. A marcha sairá da praza de España e rematará na praza de Armas.

Diante do Concello procederase á lectura dun comunicado conxunto dos sindicatos contra unha lei «de marcado carater ideoloxico que se pode definir como a lei de persecución dos movementos cidadans e que atenta contra as libertades», aseguran os convocantes.

Alianza Social Galega fai un chamamento á cidadania para que secunde de xeito masivo esta manifestación.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies