Home / Sociedad / Educación / Alumnado de Fene achégase ao traballo dos mariscadores

Alumnado de Fene achégase ao traballo dos mariscadores

FERROL360 | Martes 25 setembro 2018 | 9:58

Preto de medio centenar de estudantes de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe O Ramo foron os primeiros en coñecer a Guía de Artes e Especies de Fene Mar Vivo, unha publicación coa que se pretende divulgar os recursos da ría e o labor diario dos traballadores do mar, así como a preservación do medio, a través da implicación de todos.

O acto, que tivo lugar este luns na Confraría de Barallobre, contou coa participación do alcalde, Gumersindo Galego, os concelleiros de Promoción Turística, Juan José Franco, e Educación, Ana Novo, e o biólogo da Confraría de Barallobre, Joám Luis Ferreiro.

Ferreiro impartiu unha charla ó público infantil sobre as especies que se poden atopar na ría, abordando tamén o traballo dos 130 mariscadores, a pé e a flote, que traballan na confraría. Unha charla na que rapaces e rapazas tomaron a palabra nunha morea de ocasións, dando resposta ás preguntas do ponente pero tamén buscando explicacións a inquedanzas plantexadas.

A charla concluíu co bautismo dos dous protagonistas da guía editada polo Concello. A honra recaía no estudantado que, a través dunha votación in situ, elixía os nomes de María e Xaquín para as personaxes principais da publicación.

De aí, a actividade continuou cunha visita ás instalacións da confraría e, por último, a comitiva saíu cara a ribeira de Barallobre onde os rapaces e rapazas gozaron da contorna, buscaron e identificaron cunchas e achegáronse ás labores de marisqueo.

Esta guía, incluída no proxecto Fene Vivo, tamén se convertirá nun recurso turístico de primeiro orde para o municipio e estará a disposición de veciños e visitantes na Oficina Municipal de Turismo. Así mesmo, dende o Concello avánzase que a partir do mes de novembro programaranse novas visitas escolares co obxectivo de que o alumnado de todos os centros educativos do municipio participen deste tipo de actividades.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies