Home / Cultura / Alumnado do CPI de San Sadurniño estrea a ópera O segredo do faro

Alumnado do CPI de San Sadurniño estrea a ópera O segredo do faro

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Domingo 7 xuño 2014 | 17:41

Sóbralles talento e ganas de aprender. Unha trintena de rapaces e rapazas de 5º de Primaria do CPI de San Sadurniño lograron encher na tarde de onte a casa da cultura coa representación da obra músico-teatral O segredo do faro.

A iniciativa forma parte do proxecto educativo LÓVA -La Ópera Vehículo de Aprendizaje- que ten por obxecto potenciar o desenvolvemento emocional, social e cognitivo do alumnado.

Con esta premisa, os estudantes -baixo a supervisión de dous mestres- puxeron en marcha dende principios do curso unha obra en tres actos que conta as aventuras que lles sucenden a un grupo de amigos na contorna dun faro. Os cinco personaxes principais vivirán unha serie de experiencias coas que aprenderán a medrar adquirindo valores de lealdade, compañeirismo ou o respecto pola natureza.

A música tamén ten o seu papel protagonista nesta peza construída exclusivamente por estes nenos e nenas que, arredor da compañía Pegadas Musicais, imitan unha auténtica produción teatral. Así, tiveron que coñecer como se xestiona un espectáculo destas características dende dentro. Entre todos asumiron diferentes tarefas como a construción de decorados, iluminación do espazo, caracterización, documentación, composición, escritura de guión, dirección ou producción, e durante todo este tempo plasmaron os seus coñecementos adquiridos nun blog.

Xuntos, fixeron realidade unha historia de ilusións, emocións e soños da infancia que os levará, trala estrea oficial na súa vila, ao teatro Jofre de Ferrol o vindeiro mércores 11 de xuño a partir das 20:00 horas. A entrada para velos é libre ata completar aforo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies