Home / Eume / Cabanas / Alumnos do programa Eume Emprende III acondicionan as zonas verdes de Cabanas, Pontedeume e Monfero

Alumnos do programa Eume Emprende III acondicionan as zonas verdes de Cabanas, Pontedeume e Monfero

Rotonda paseo obradoiro Eume

FERROL360 | Luns 8 abril 2019 | 19:30

Os alumnos e alumnas que participan no obradoiro dual de emprego Eume Emprende III organizado de forma conxunta polos Concellos de Cabanas, Pontedeume e Monfero están a poñer en práctica os coñecementos adquiridos mediante a limpeza e acondicionamento dalgunas zonas verdes, rotondas e paseos dos tres Concellos.

Entre elas destacan os traballos que están a facer no paseo do piñeiral da Madalena coa limpeza das cinco rotondas emprazadas no lugar.

Os participantes especializados en xardinería farán distintas composicións e diseños nas zonas verdes. Ademais destes traballos de mantemento e mellora do paseo, do parque e praia da Madalena tamén se acondicionará ás zonas axardinadas na contorna do concello de Cabanas así como o mantemento da zona verde do paseo marítimo de Pontedeume.

A maiores destes traballos tamén haberá diferentes actuacións como a creación dun souto no entorno do mosteiro de Monfero, o saneamento do entorno do centro de saúde, da casa consistorial e nave de servizos en Rebordelo en Monfero e o coidado da zona verde do parque Alcalde Sarmiento de Pontedeume.

Este obradoiro conta coa axuda dunha subvención da Xunta de Galicia duns 303.807 euros para que os integrantes poidan atopar un traballo ao rematar os estudos que teñen unha duración de 9 meses.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*