Home / Actualidad / Amador e Daniel, memoria e referente de loita 47 anos despois

Amador e Daniel, memoria e referente de loita 47 anos despois

A Corporación municipal no acto polo 10 de marzo este domingo (foto: Concello)
A Corporación municipal no acto polo 10 de marzo este domingo (foto: Concello)

FERROL360 | Domingo 10 de Marzal 2019 | 15:26

O 10 de marzo de 1972 morreron asasinados a mans da policía franquista dous obreiros de Bazán. Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores novos que loitaban por dereitos tan básicos como a redución da xornada de 12 a 8 horas, a non obrigatoriedade das horas extra, o aumento de 2.500 pesetas nos seus salarios, a liberdade sindical e o dereito a folga.

Dereitos que, hoxe en día, ninguén cuestiona. Aquela mañá non puideron entrar na factoría. O día anterior tiveran una asemblea que rematou a paos, os dos policías que entraron para botalos por unha porta que converteuse nunha trampa e que hoxe en día non existe, nun intento de borrar a memoria colectiva de todo un país.

A Corporación ferrolá e os sindicatos achegaron flores este domingo á estatua que lembra aqueles tráxicos sucesos que levaron á cadea a homes e mulleres valentes. Primeiro, desde as 11:00 horas, o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, presidiu o acto que contou coa presenza do secretario xeral de CCOO, Unai Sordo.

«Os ricos son máis ricos»

Suárez subliñou a importancia de «reivindicar a memoria para que a xente que non nacera daquela teña conciencia do que significou o sacrificio persoal e colectivo para loitar por dereitos que hoxe están ameazados». Destacou a importancia do papel das organizacións sindicais ante o retroceso da reforma laboral para «evitar o colapso do sistema que pretende o capital a través do emprego precario, as xornadas parciais ou o traballo temporal».

«Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres», rematou Suárez. Pola súa banda, Sordo quixo recoñecer o traballo da clase obreira galega na consecución de dereitos apuntando que «los sucesos del 72 son una referencia de lo que era reivindicar derechos a finales de la dictadura de Franco». «El dictador murió en la cama, pero la dictadura murió en las calles», dixo, lembrando «a las compañeras y compañeros represaliados que hicieron tanto».

A CIG unha hora máis tarde

A Confederación Intersindical Galega optou, un ano máis, por celebrar o Día da Clase Obreira Galega coa súa propia convocatoria á marxe das organizacións sindicais estatais. Ás doce do mediodía fixeron a ofrenda floral no monumento e despois marcharon en manifestación.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies