Home / Ferrol / Cedeira / Ampliada a campaña de recollida de sinaturas en contra da instalación da planta de gas en Cedeira

Ampliada a campaña de recollida de sinaturas en contra da instalación da planta de gas en Cedeira

FERROL360 | Martes 26 abril 2016 | 14:14

Os promotores da campaña de recollida de sinaturas en contra da instalación da planta de gas en Cedeira decidiron ampliar a duración da mesma para poder trasladar a iniciativa ao conxunto da poboación. Así, os veciños teñen á súa disposición as follas para asinar en contra desta instalación na maioría dos negocios e sedes sociales da vila, segundo informa o Concello.

O goberno local busca deste xeito acadar o maior número de apoios posibles ás accións encamiñadas a evitar a construción da planta en Esteiro, entre outras a presentación de alegacións en base a incumprimentos de carácter urbanístico.

A presidenta da entidade veciñal de Esteiro, Josefa Piñón, asegura que os veciños teñen interese en participar e o o alcalde, Pablo Moreda, agradece o apoio e a colaboración que a veciñanza está a amosar ao Concello e á entidade.

Moreda lembra que este asunto afecta ao conxunto do municipio e móstrase confiado en parar a iniciativa industrial coa axuda dos veciños e coas argumentacións legais recollidas nas alegacións. O rexedor espera reunir un número elevado de sinaturas que obrigue á empresa a ter en conta a opinión dos afectados e a desistir na execución do proxecto, alomenos no lugar previsto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies