Home / Cultura / Anabel Alonso, Pepón Nieto e Alejo Sauras traen este sábado a Narón a obra El Eunuco

Anabel Alonso, Pepón Nieto e Alejo Sauras traen este sábado a Narón a obra El Eunuco

FERROL360 | Venres 25 setembro 2015 | 18:58

A compañía teatral Pentación Espectáculos representará este sábado no Pazo da Cultura de Narón a comedia El Eunuco. Unha obra interpretada por recoñecidos actores como Anabel Alonso, Pepón Nieto, Alejo Sauras ou Antonio Pagudo, entre outros.

A cita será a partir das 20.00 horas e o prezo das entradas é de 18 euros para o público en xeral e 12,60 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados. As entradas están xa á venta na taquilla do Pazo da Cultura.

El Eunuco narra unha historia de amor ambientada en Atenas e na que están implicadas tres persoas, dúas delas irmáns. A medida que avanza a representación contaranse nove historias no que é unha versión do clásico El Eunuco, do autor teatral Publio Terencio. Amor, celos, diñeiro e orgullo centrarán as diferentes historias que compoñen esta comedia teatral.

Ensaios de Sementeira na Gándara

Por outra banda, os alumnos da Agrupación Cultural Musical Sementeira realizarán este sábado os seus ensaios na praza da Gándara, a partir das 12.30 horas. A actividade dá continuidade ás programadas pola Concellería de Cultura para promover os ensaios de agrupacións musicais da localidade en diferentes espacios públicos da zona urbana de Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies