FERROL360 | Martes 18 novembro 2014 | 14:22
Valdoviño «Móvese polo bo trato». Esta é unha iniciativa que o Concello quere reflectir a través dunha andaina contra a violencia de xénero, actividade que terá lugar o domingo 30 de novembro. Nela poden participar todos os que queran, dende maiores ata nenos, coa condición de que leven algo de cor lila. Así celébrase o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O obxectivo da andaina é expresar o rexeitamento contra dita violencia. A iniciativa percorrerá as rúas valdoviñesas, coa saída ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Logo, a iso das 13:00 horas, celebraráse un acto no auditorio da Casa da Cultura con alumnado do CPI Atios e un grupo da escola de baile da Asociación de Veciños de Lago. O Concello organiza a actividade en conxunto co Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.