FERROL360 | Martes 14 abril 2015 | 13:16
André Abeledo Fernández foi elixido cabeza de lista de Esquerda Unida de Narón ás eleccións municipais do mes de maio. Abeledo é o actual coordinador local de Esquerda Unida na localidad e conta cunha importante traxectoria como activista sindical, social e político.
A configuración da orde da lista electoral decidirase nunha asemblea aberta este xoves día 16 de abril ás 20:30 no local social de A Gándara. Desde a formación salientan que a candidatura está conformada por un equipo de mulleres e homes de honestidade contrastada, na que se mistura a mocidade e veteranía.
En definitiva, «un grupo humano disposto a traballar para que estas eleccións municipais sexan o punto de partida para construír entre todas e todos unha cidade o servizo da cidadanía», indican nun comunicado. Asimesmo, aseguran que teñen un un programa serio e ilusuionante para Narón.
E este quen ven sendo?