FERROL360 | Sábado 16 marzo 2019 | 19:41
A maquinaria electoral de Narón para afrontar os comicios locais do mes de maio ponse en marcha coa presentación de Narón por diante. A pouco menos de dous meses das próximas elecccións locais André Abeledo, Sonia Mauriz, Xesús Anxo López Pintos e Lore Bermúdez presentaron a súa candidatura.
A celebración do acto tivo lugar este venres no que veciños e veciñas de Narón apoiaron a candidatura do partido. A formación liderada por André Abeledo pensa que é necesario un cambio en Narón «despois de 30 anos de continuismo e inercia» no municipio.
A presentación contou coa participación de políticos como Yolanda Diaz Perez, parlamentaria de En Marea, Antón Sánchez García, voceiro nacional de Anova, e Jorge Suárez o actual alcalde de Ferrol e candidato por Ferrol en Común.