Home / Ferrol / Andrés Suárez e Pepo Suevos farán promoción turística de Ferrol en FITUR

Andrés Suárez e Pepo Suevos farán promoción turística de Ferrol en FITUR

FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 21:08

O actor Pepo Suevos e o músico Andrés Suárez serán os embaixadores de Ferrol esta semana no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR que se celebra no recinto ferial de IFEMA en Madrid. Os ferroláns terán por diante o reto de situar á cidade naval no mapa como un destino turístico de calidade.

Suevos foi o que fixo pública a nova este mesmo luns, dando as grazas ao Concello por terlle elixido nun vídeo que partillou tamén o alcalde ferrolán, Ángel Mato, nas súas redes sociais: «Nun ano distinto, Ferrol preséntase en FITUR 2021 dun xeito distinto», destacaba o primeiro edil.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies