Home / Actualidad / Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida conforman a candidatura cidadá Xunt@s por As Pontes

Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida conforman a candidatura cidadá Xunt@s por As Pontes

FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 14:08

«Un espazo de encontro, totalmente aberto á xente que sinta a necesidade de participar e facer política doutra maneira», así definen os integrantes de Xunt@s por As Pontes esta candidatura cidadá. Forman parte dela os partidos políticos Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida, pero tamén veciños sen afiliación política previa.

Os eixos do seu programa serán a participación cidadá, o fomento do emprego, o desenvolvemento sostible, a xestión eficiente dos recursos públicos, a defensa do benestar e a igualdade, a defensa da cultura e patrimonio e a transparencia e loita contra a corrupción.

Precisamente para profundizar e concretar este programa electoral, Xunt@s por As Pontes convoca a toda a veciñanza a participar nunha xornada aberta de traballo este sábado 21 de marzo ás 20:00 horas no Mercado Vello. Alí, cadaquén poderá expoñer as súas propostas.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Noche de las Pepitas Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies