Home / Actualidad / Antón Noceda, novo voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Fene

Antón Noceda, novo voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Fene

FERROL360 | Martes 30 setembro 2014 | 13:53

Os militantes socialistas de Fene elixiron o pasado sábado en asemblea que Antón Lois Noceda Carballo sexa o novo voceiro do grupo municipal no Concello tras a marcha de Iván Puentes. Noceda, que é secretario xeral da agrupación e concelleiro, acadou o apoio do 83,33 % dos militantes.

Na mesma asemblea tamén acordaron unha reestruturación da Comisión Executiva Municipal, coa creación dunha ampla área de Organización que coordinará o novo secretario de Organización, José Rico Rodríguez, e completarán Joaquín Julián Ayala Garrido, como secretario de Coordinación e Comunicación, e José López Rodríguez como secretario de Administración.

A remodelación da dirección local complétase coa incorporación de Manuel Andrés Fernández Iglesias na área de Acción Electoral.

Antón Noceda é o novo voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Fene

Antón Noceda é o novo voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Fene

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies