Home / Cultura / Antonio Fernández Fernández é o gañador do Concurso de Carteis da Festa do Pan de Neda

Antonio Fernández Fernández é o gañador do Concurso de Carteis da Festa do Pan de Neda

FERROL360 | Venres 1 agosto 2014 | 17:20

A obra de Antonio Fernández Fernández, titulada Cabacou, publicitará a XXVI edición da Festa do Pan de Neda. O traballo deste veciño de Mugardos resultou o gañador do Concurso de Carteis ao que se presentaron un total de 22 obras.

O xurado reuníase este venres no salón de plenos da casa consistorial para valorar os traballos e seleccionar ao gañador. Un xurado que estivo presidido polo alcalde de Neda, Ignacio Cabezón e do formaron parte o fotoperiodista Ángel Manso, o pintor Manuel López; a concelleira de Turismo, Montse Rico e o representante do grupo municipal socialista, Ángel Cordero.

O gañador do concurso recibirá un premio en metálico de 200 euros e a súa obra será a encargada de pulicitar e promocionar esta emblemática celebración gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013.

Todos os traballos presentados ao Concurso de Carteis formarán parte dunha exposición que o público poderá disfrutar o mesmo día da Festa do Pan de Neda, o 7 de setembro no paseo marítimo.

Cartaz Festa do Pan de Neda

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies