Home / Cultura / Antonio Rivas Pol expón en Pontedeume

Antonio Rivas Pol expón en Pontedeume

XESÚS ANDRÉS LÓPEZ PIÑEIRO | Pontedeume | Mércores 9 agosto 2017 | 10:44

Nunha conferencia en Vigo o día 25 de xullo do ano 1930, dixo Castelao: «Para rematar, direivos que cando poida pintarei as sinfonías da nosa paisaxe e se teño vida morrerei sendo paisaxista». Esta frase dita ao remate de dúas décadas, nas que floreceu a pintura de paisaxe na Galiza, é toda unha declaración estética por un pintor que foi quen de levar a pintura galega dende o costumbrismo, a relacionarse coa arte que se estaba a facer en Europa.

Dúas son as características que apunta Castelao para a pintura galega: a paisaxe e a cor. Teríamos que engadir outra característica, que apuntaba Vicente Risco: o romanticismo. Non é aquí o lugar de falar do que se entende por pintura galega, por que van aló casi 90 anos en que as ideas estéticas evoluiron moito, pero sí decir que a época en que Castelao pronunciou esta conferencia, Galiza contaba co movimento iniciado polas Irmandades da Fala, e camiñaba a se recoñer a sí mesma. E o guieiro do nacionalismo interpretaba a arte, como un xeito máis

Antonio Rivas Pol, ten as tres características que apuntaban os teóricos galeguistas. Rivas Pol, é un paisaxista de vocación. Cicais porque as súas experiencias vitais, o levaron a buscar mediante a arte a esencia de Galiza na que naceu. Non soio ten como tema as arquitecturas tradicionais, ou etnográficas que tamén, senón que busca as paisaxes das rías, dos montes, nos que nos recoñecemos como galegos.

Efectivamente Rivas Pol, pinta aqueles elementos que dan sinal dun tempo e que ao mesmo tempo definen a Terra na Historia. Eiquí tedes o Torreón dos Andrade, a ponte de Pontedeume, un cruceiro, a Colexiata da Coruña, pero tamén tedes a telleira de Ares. Estas acuarelas aparte da cuestión estética, ten o plus de suxerirnos unha parte da nosa Historia. Sexa a idade media dos Andrade, ou espléndida época galega do románico.

Pero tamén escolle tempos recentes como a telleira, suxeríndo os inicios dunha nacente industrialización. Pero o tema fundamental son as paisaxes físicas. Son as paisaxes que recoñecemos como parte de nós, e que por iso forman parte do noso acervo sentimental, por que as disfrutamos. E forman parte do noso acervo intelectual, por que somos quen de recoñecer nese espazo físico que nos amosa o pintor, unha historia feita por un colectivo do que formamos parte.

Pero nestes cadros espidos, onde prima a naturaleza, o pintor apela descaradamente ao sentimento estético. Ao goce do espectador diante das formas e das cores. O artista non necesita de outros elementos.

As formas e as cores, únese o concepto de romanticismo, que as acuarelas de Rivas Pol, destilan. Vicente Risco, foi o que teorizou sobre esta característica da pintura de paisaxe galega. Outros chamáronlle saudade, mirando para os irmáns portugueses, que tiñan no saudosismo de primeiros do século XX, unha das notas da revitalización da alma portuguesa.

Rivas Pol, nas súas acuarelas non deixa de ser un saudoso, cando nos presenta os temas da paisaxe, un romántico diríamos con outros termos. O romanticismo, o saudosismo, procura o descobrimento do propio. A obra de Rivas Pol, é un gran libro que nos vai ensinando paisaxes unhas coñecidas e outras que non coñecíamos, e facendo que disfrutemos dos seus valores estéticos ao mesmo tempo que nos ensina a amar a Terra.

Xa falamos do tema, quedaría falar agora do outro valor do noso artista: a color. Os que escriben libros sobre arte, cando chegan ao gran momento de primeiros do século XX, en que na Galiza se fai a millor pintura de paisaxe de todo o Estado, falan de regionalismo, e de post-impresionismo. Non dan entendido que aquela pintura que se facía naquela altura, como a que se fai hoxe, responde a outras coordinadas que non son o impresionismo.

Os paisaxistas galegos de onte como as acuarelas que estamos a ver, non buscan a luz. As súas pinceladas sexan grosas ou finas están a definir unha paisaxe, e non a buscar a luz, como facían os impresionistas franceses do século XIX. Estannos a descobrir a nosa Terra. E falso falar de post-impresionismo e por suposto falar de regionalismo, cando estamos diante dunha pintura galega que nada ten que ver con estéticas mediterráneas.

Foi Risco, quen levou á teoría da arte o concepto de atlantismo, asimilándoo a celtismo. Enfronte poñía o mediterraneísmo. Esta era a estética da medida, da línea, do renacimento. O atlantismo, herdo da cultura celta, era a curva, o barroco, a color.

Pol, vede os seus cadros, é un pintor de estética atlantista. As súas acuarelas están feitas con moito sentido da cor. Onde chaman a atención o tratamento que da as colores primarias: os vermellos, os azuis, os verdes. Non soio os utiliza para compoñer o cadro, senón que os utiliza como fixeran os fauvistas, pintando ao seu gosto un monte, unha ría e sobre todo os ceos.

A pintura non ten por que representar a realidade tal cual, se lle aparece ao artista. E por iso Rivas Pol, utiliza nos ceos, os amarelos ou vermellos, dándolle a acuarela un aire poético, que a realidade non ten. O noso artista, está a interpretar a realidade, a crear algo novo. Con iso reforza o se lado romántico, tratando de poñer diante dos nosos ollos, a paisaxe que amamos. Galiza.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies