Home / Cultura / Ánxela Loureiro imparte un obradoiro de xogos este mércores en Artábria

Ánxela Loureiro imparte un obradoiro de xogos este mércores en Artábria

Ánxela Loureiro no cartaz da actividade (foto: Brincarmos!)

FERROL360 | Martes 2 xaneiro 2024 | 17:46

O colectivo Brincarmos, creado para promover o uso do galego na infancia, aliouse coa Fundaçom Artábria para unha proposta coa que comezar o ano, encamiñada a un público familias con crianzas e procurando manter viva a lingua e as tradicións, «colocando o foco na nossa identidade cultural», explican.

A mestra e escritora ferrolá Ánxela Loureiro será a encargada de dirixir un obradoiro de xogos tradicionais este mércores 3 de xaneiro ás 17:00 horas no Centro Social Artábria, na Travesa de Batallóns do barrio de Esteiro. A actividade está pensada para idades de 3 a 12 anos e «propom umha jornada de convívio e partilha para recuperar cantigas e jogos em galego com a esperança que se poidam voltar a ver na rua e nas escolas».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies