Home / Ferrol / San Sadurniño / Apoio contra o derrubamento da vivenda dunha familia de San Sadurniño

Apoio contra o derrubamento da vivenda dunha familia de San Sadurniño

FERROL360 | Sábado 7 marzo 2015 | 18:52

Máis dun cento de veciños e veciñas de San Sadurniño concentráronse esta mañá ás portas do consistorio para amosar o seu apoio cunha familia sobre a que pesa unha orde de derrubamento da súa vivenda.

O acto xurdiu dunha convocatoria espontánea, que se difundiu a través das redes sociais e que recollía o motivo seguinte: Debido ás últimas noticias que obrigan ao Concello de San Sadurniño a derrubar a casa da familia Lamas Nistal por causa dunha sentencia do TSXG, queremos mostrar o noso total apoio á familia, concentrándonos na Casa do Concello de San Sadurniño durante a sesión plenaria de mañá, día 7 ás 11:30.

Antecedentes

O proceso comezou en 2001 coa solicitude dunha licenza para construír unha vivenda nunha parcela situada en terreos dunha comunidade de propietarios. Sucedéronse varios procesos ata que o consistorio local concedeu a licenza de obra, tras sérenlle cedidos unha parte dos terreos duns viais que serían convertidos en bens públicos. Un dos veciños que formaba a comunidade considerou que os viais estaban mal cedidos e solicitou, en outubro de 2002, a paralización dos traballos de construción da vivenda, por consideralos ilegais.

O Concello desestimou a solicitude deste particular -insistindo na legalidade do permiso- mentres que o demandante reclamaba que os terreos volvesen ao seu estado inicial. En 2003 foi admitido a trámite un recurso do demandante no xulgado que lle daría a razón en febreiro de 2006. Para ese momento a construción estaría rematada.

Xa en maio de 2008 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia outorgoulle a razón ao demandante a través dunha sentenza firme que especificaba a demolición do edificio e a devolución da parcela ao seu estado orixinal. Un ano máis tarde, o Concello iniciou un expediente para regularizar a cesión dos camiños e evitar o derrubamento pero o xulgado remitiu notificacións contrarias a esta postura.

O 16 de xaneiro deste mesmo ano o Concello de San Sadurniño recibiu unha providencia do Maxistrado Xuíz de Ferrol requeríndolle ao consistorio o cumprimento da orde de demolición, esixindo responsabilidades penais de non acometela nun prazo de dous meses.

Hoxe mesmo, o pleno de San Sadurniño -celebrado ao término da concentración veciñal- aprobou a modificación de crédito para traspasar unha cantidade que permita sacar a contratación os traballos de demolición da vivenda, orzamentados en algo máis de 94.000 euros.

Familiares e amigos asistentes á concentración de hoxe, e que tamén asistiron ao pleno, expresaban a súa solidariedade cos afectados e manifestaban o seu descontento hacia a familia denunciante. «Tristeza», «rabia» e «impotencia» foron os términos máis empregados polos alí presentes.

Familiares e amigos asistentes á concentración de hoxe expresaban a súa solidariedade cos afectados e manifestaban o seu descontento hacia a familia denunciante (Foto: Concello de San Sadurniño)

Familiares e amigos asistentes á concentración de hoxe expresaban a súa solidariedade cos afectados e manifestaban o seu descontento hacia a familia denunciante (Foto: Concello de San Sadurniño)

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Sobre Ary López

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies