Home / Ferrol / Ferrol / Aprende a elaborar o teu propio deterxente en po para a lavadora na Aula de Ecoloxía Urbana

Aprende a elaborar o teu propio deterxente en po para a lavadora na Aula de Ecoloxía Urbana

FERROL360 | Xoves 4 xuño 2015 | 15:05

A Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol ten en marcha un novo obradoiro para adultos no que os participantes aprenderán a elaborar deterxente en po para a lavadora. Esta actividade, totalmente gratuíta, terá lugar os días 6 e 7 de xuño. Os interesados deben escoller unhas das dúas datas.

O material necesario corre a cargo da Aula, aínda que se recomenda aos participantes levar mandil e guantes. O horario en que se desenvolverá o obradoiro é de 17:15 a 18:30 horas. A data límite de inscrición é este xoves no enderezo electrónico auferrol@mundo-r.com ou o número de teléfono 981 944 222.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies