Home / Ferrol / Ferrol / Aprende a facer das vellas latas novos artigos do fogar nun obradoiro gratuíto

Aprende a facer das vellas latas novos artigos do fogar nun obradoiro gratuíto

FERROL360 | Sábado 30 xaneiro 2016 | 10:28

A Aula de Ecoloxía Urbana pon en marcha un novo obradoiro para adultos de reciclaxe de latas para convertelas en artigos do fogar. Esta actividade, que é de balde, terá lugar na fin de semana do 6 e 7 de febreiro.

Antes de tirar unha lata ao lixo é importante pararse e pensar en todas as posibilidades que ofrece. E é que con ela podemos facer desde un lapiceiro ata un floreiro. «Só hai que botarlle un pouco de imaxinación, seguir os consellos do obradoiro e facer da lata algo práctico, decorativo e mesmo fermoso», apuntan as educadoras.

Os interesados en participar nesta actividade deben apuntarse antes do día 4 de febreiro no enderezo electrónico: aeuferrol@mundo-r.com ou no teléfono: 981.944.222. O obradoiro terá lugar o sábado 6 ou domingo 7 de febreiro, un único día, en horario de 16:15 a 17:45 horas.

Os asistentes deben aportar o seguinte material: cola branca para madeira ou papel; cintas ou calquer adorno que vos guste para decorar e candeas ou restos delas que teñades na casa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies