Home / Actualidad / Aprobado definitivamente o PXOM de Mañón

Aprobado definitivamente o PXOM de Mañón

O alcalde e a conslleira durante a xuntanza (cedida)
O alcalde e a conslleira durante a xuntanza (cedida)

FERROL360 | Mércores 18 maio 2016 | 17:08

A Xunta de Galicia aprobou de xeito definitivo o Plan xeral de ordenación municipal -PXOM- de Mañón, que ten entre os seus principais obxectivos impulsar o potencial turístico do concello e poñer as bases para fixar a poboación neste termo municipal.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladouse este mercores ao municipio para asinar a orde de aprobación definitiva e reunirse co alcalde, Alfonso Balseiro.

Mato salientou que este avance permitirá que o concello dispoña dun planeamento urbanístico «actualizado e de calidade», que substituirá á anterior ordenación urbanística, «básica e con case catro décadas de antigüidade».

O novo PXOM recolle tres núcleos urbanos: Barqueiro, Bares e Porto de Bares e 104 núcleos rurais. Artéllase ao redor de tres eixos: manter o carácter e a estética de vila mariñeira, poñendo en valor os espazos naturais; fixar a poboación moza a través da dotación de novos servizos e de solo industrial; e mellorar a conexión e comunicacións do municipio.

Valor ecolóxico e paisaxístico

Deste xeito, o novo PXOM ten en conta o «gran valor» ecolóxico e paisaxístico do concello, ademais de potenciar o seu carácter eminentemente rural, afimou a conselleira. O obxectivo é «compaxinar residencia e desenvolvemento sostible», protexendo as zonas máis valoradas.

O documento defende os valores naturais ao recoñecer os espazos incluídos na Rede Natura identificados como LIC Estaca de Bares; a ampliación da Rede Natura do Río Sor e a A Faladoira; e o espazo natural denominado como Estuario do río Sor.

En canto á poboación, o novo planeamento dotará ao municipio de zonas que poidan absorber posibles crecementos «dentro dun marco ordenado». Ademais, pensando na xente moza, recolle tamén a previsión de dotacións e equipamentos que faciliten unha residencia «acorde cos tempos actuais».

O PXOM fai fincapé tamén no desenvolvemento industrial, para atraer poboación que actualmente se despraza a traballar noutras zonas. En concreto, establece a reserva de 121.697 metros cadrados de solo empresarial, o que dá resposta ás demandas de concellos e empresarios.

Por último, Mato destacou tamén que o planeamento porá en valor o sistema viario e as comunicacións de Mañón. Así, resérvase solo para a creación do tramo da Vía de alta capacidade Ferrol-Barreiros, que atravesa o municipio pola zona norte.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies