Home / Actualidad / Aprobado inicialmente o PXOM de San Sadurniño cos votos de BNG e PSOE e a abstención do PP

Aprobado inicialmente o PXOM de San Sadurniño cos votos de BNG e PSOE e a abstención do PP

FERROL360 | Sábado 7 novembro 2015 | 17:24

O pleno ordinario de San Sadurniño deu luz verde á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, grazas aos votos favorables de BNG e PSOE, xa que o PP abstívose. Desde o goberno indicaron que este pleno era un dos máis importantes dos últimos anos xa que a redacción do PXOM extendeuse durante un periodo de dez anos.

O alcalde, Secundido García, lembrou que a partir da vindeira semana haberá xuntanzas en todas as parroquias para explicar o contido do PXOM e para fomentar a máxima participación dentro do periodo de alegacións de dous meses que se abrirá a partir da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, a arquitecta municipal terá como prioridade durante tres días na semana aclarar calquera cuestión e mesmo axudar a preparar as alegacións que a xente queira presentar. Así, a partir deste sábado e ata que se aprobe o PXOM definitivamente quedan suspendidas as licenzas de obra nova, tal e como marca a lei.

Facturas Sogama

Tamén aprobouse recoñecer facturas do ano 2014 de Sogama e realizar unha modificación extraxudicial de crédito para pagalas. O importe ascende a algo máis de 79.000 euros, correspondentes ás facturas sobre as que houbo sentenza desfavorable para o Concello e tamén á factura da consultora encargada da redacción do PXOM.

O equipo de goberno lembrou que o asunto do canon aínda non finalizou o seu percorrido, xa que o Xulgado de Ferrol acaba de deixar en suspenso o pagamento doutras facturas tamén reclamadas por Sogama mentres non haxa un pronunciamento do Tribunal Constitucional sobre a legalidade do proceder da Xunta ao vincular o canon coa lei dos orzamentos autonómicos.

Mocións

A moción do BNG para declarar 2016 como ano das Irmandades da Fala contou co apoio unánime do pleno. O texto da agrupación Eliximos Narón sobre a posibilidade de implantar na comarca un sistema de tratamento do lixo fundamentado en pequenas plantas de tratamento e na compostaxe, contou co apoio de BNG e PSOE e o PP votou en contra.

A segunda moción de Eliximos Narón sobre a necesidade de modificar o mapa de ambulancias básicas e medicalizadas na comarca foi apoiada polos tres grupos logo de que o PSOE introducise unha pequena modificación para que unha das ambulancias tivese base no PAC de San Sadurniño.

Pola vía da urxencia entraron dúas mocións. Unha delas foi a da declaración institucional co gallo do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, que foi consensuada entre os tres grupos municipais. A outra, presentada polo PP, propuña que o Concello se sumase á campaña de difusión Galega 100% referida á promoción do leite galego.

O BNG votou en contra desta moción por considerala unha cortina de fume que buscaría desviar a atención sobre os verdadeiros problemas de fondo do sector leiteiro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies