Home / Ferrol / Ares / Ares acolle este xoves unhas xornadas sobre violencia de xénero

Ares acolle este xoves unhas xornadas sobre violencia de xénero

FERROL360 | Martes 6 maio 2014 | 11:42

O mosteiro aresán de Santa Catalina de Montefaro será a sede da sétima edición das xornadas sobre a violencia de xénero que organiza o Concello.

Dende as nove e media da mañá e ata pasadas as oito do serán, desenvolverase o programa ‘Ti non me controlas’, que pretende «educar no presente e previr para o futuro» en cuestión de violencia cara as mulleres.

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, inaugurará a xornada, para dar paso á conferencia ‘Os medios de comunicación e a violencia de xénero na xuventude’, desenvolvida pola xornalista e asesora de comunicación Bárbara G. Vilarinho.

Despois dunha pequena pausa para o café, unha psicóloga e un responsable de márquetin exporán en mesa redonda o debate ‘Música, series e redes sociais: ¿unha volta atrás?’.

Tralo descanso para xantar, terá lugar a segunda mesa redonda, onde se debaterá sobre a tarefa de prevención dende as aulas por parte dunha técnico en intervención familiar e unha pedagoga.

De seguido, virá unha conferencia aplicada ao núcleo familiar e, tras esta, un obradoiro de risoterapia, que pechará as xornadas antes da entrega dos diplomas.

As inscricións son gratuítas e poderán realizarse chamando aos teléfonos 981 468 102 e 881 927 901 ou escribindo un correo electrónico a xornadas.ares@gmail.com.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies