FERROL360 | Venres 12 decembro 2014 | 18:57
Os amantes do viño teñen este sábado unha cita en Ares coa primeira edición da Feira do Viño. O pavillón municipal acollerá este evento, que contará coa presenza de máis de dez bodegas que presentarán os seus produtos aos asistentes. Ademais, haberá pinchos para acompañar os caldos que se degusten.
O horario da Feira será de 12:00 a 15:00 horas e de 18:30 a 21:00 horas. O prezo é dun euro por consumición, para o que haberá que mercar tickets, que poden adquirirse por anticipado nos locais da asociación de hostaleiros e no propio pavillón. As consumicións son unha por boleto habendo algunha que requira de dous.
A iniciativa, organizada pola asociación de hostalería local Asemares e Bodegas y Vinos de Ferrolterra, conta coa colaboración do Concello e pretende difundir o coñecemento do mundo do viño e impulsar a hostalería e turismo na zona.
Debate sobre el post