Home / Ferrol / Ares / Ares celebra este sábado a VII edición da Festa da Xiba

Ares celebra este sábado a VII edición da Festa da Xiba

FERROL360 | Venres 23 xullo 2015 | 14:38

O Parque Rosalía de Castro de Ares acollerá este sábado a VII edición da Festa da Xiba. Un evento gastronómico, que se ten convertido nun referente do verán na comarca, e que arrancará ás 13:30 horas con centos de racións a repartir entre os asistentes.

O prezo será de nove euros cada ración e inclúe xiba guisada con guarnición, nunha cunca de barro conmemorativa da festa, bebida (viño, auga ou refrescos) e pan. Centenares de veciños e turistas acuden a esta iniciativa ano tras ano.

Desde o Concello confían en superar as excelentes cifras de participación de anos anteriores.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies