Home / Ferrol / Ares / Ares clausura este xoves a exposici?n fotogr?fica sobre Man de Camelle cun documental

Ares clausura este xoves a exposici?n fotogr?fica sobre Man de Camelle cun documental

FERROL360 | Martes 10 decembro 2013 | 13:52

A Casa da Xuventude de Ares acolle dende hai varios d?as unha mostra fotogr?fica sobre a obra art?stica de Manfred Gn?dinger, o alem?n que viviu durante corenta anos en Camelle facendo esculturas con materiais naturais da costa.

A Fundaci?n Man e a asociaci?n Fuco Bux?n, en colaboraci?n co Concello, organizaron esta exposici?n, que anteriormente visitou o Ateneo Ferrol?n.

Agora, o documental Manfred, home sen paz, galardoado co Premio Mestre Mateo en 2010, clausurar? a devandita mostra. A peza audiovisual dirixida por Sim?n V?zquez retrata a figura deste artista alem?n, que faleceu un mes e medio despois da cat?strofe do Prestige. V?zquez recolle a s?a memoria e o seu legado, combinando grabaci?ns de arquivo con declaraci?n de persoas que tiveron ocasi?n de co?ecelo. Exhibirase no sal?n de actos da Alianza Aresana ?s seis da tarde. A este acto acudir?n o alcalde, Julio Iglesias, e o concelleiro de Cultura, Eugenio Fern?ndez.

Obradoiros de Nadal

O calendario de actividades das festas do Nadal contin?an este m?rcores cun obradoiro de postais. O venres haber? outro de adornos caseiros. ?mbolos dous son de balde e ter?n lugar na biblioteca municipal de cinco a sete da tarde.

Para participar en estas iniciativas ? necesaria a inscrici?n previa nas dependencias municipais (nomeadamente, na Alianza).

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies