Home / Actualidad / Ares conta cun novo parque infantil e biosaudable

Ares conta cun novo parque infantil e biosaudable

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 12:34

Os aresáns xa poden gozar dun novo parque infantil e biosaudable que se atopa xunto ao centro de ensaio e local social de Lubre, antiga escola da parroquia. O parque está adaptado para persoas con discapacidade e mobilidade reducida, o que o convirte nun lugar único na zona. Así, dispón dunha rampla de acceso e dun chan con baldosas de seguridade a base de caucho reciclado.

Para exercitar un pouco o corpo, o parque conta cunha máquina de traballo de dorsais e outra de estreitamentos para persoas con mobilidade reducida. Mentres, para os máis pequenos hai un columpio e un tobogán. Tamén colocáronse bancos, papeleiras de madeira e unha mesa de pícnic, ademais dun cartel informativo e dun farol.

A empresa Jardinería Arce foi a encargada de desenvolver a actuación, que contou cunha subvención de Agader a través de Costa Noroeste cuantificada en 24.700 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies