Home / Ferrol / Ares / Ares despide o Entroido con distintas actividades e a tradicional queima na praia

Ares despide o Entroido con distintas actividades e a tradicional queima na praia

FERROL360 | Mércores 10 febreiro 2016 | 10:29

Xa chegou, aquí está o Mércores de Cinza, que pon fin ao Entroido. Día festivo en algúns dos municipios da comarca e que se agradece despois de tantos días de Festa Rachada. En Ares celebran esta xornada con distintas actividades lúdicas e a tradicional queima na praia.

Así, ás 17:00 horas as carrozas da Asociación cultural O Tilo e os entroidos que participen no desfile concentraranse diante do Centro de Saúde para parrtir cara a praza da Constitución. Unha vez alí, sobre as 17.30 horas, haberá unha sesión de zumba baixo carpa para público de todas as idades.

A continuación, haberá unha degustación popular de orellas e chocolate quente. A festa rematará coa tradicional queima dos entroidos, que como todos os anos desenvolverase na praia de Ares. Con este acto, que terá lugar ás 20:30 horas, darase por rematado o Entroido do municipio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies