Home / Ferrol / Ares / Ares presume de deportistas, artistas e entidades no acto ‘Orgullos Aresáns 2018’

Ares presume de deportistas, artistas e entidades no acto ‘Orgullos Aresáns 2018’

FERROL360 | Sábado 22 decembro 2018 | 20:48

O vindeiro 28 de decembro ás 20:00 horas o Concello de Ares celebrará un acto no Casino Aresano para premiar a persoas e entidades relacionadas co mundo do Deporte e da Cultura. O evento chamado Orgullos Aresáns 2018 pretende premiar a destacados aresáns de diferentes disciplinas como a música, a educación, a ciencia e o deporte.

A lista orixinal de candidatos era moi numerosa, polo que o Concello tivo que seleccionar as diferentes candidaturas e reducilas a 19 persoas. Ademais de persoas, Ares tamén premiará a seis entidades ou asociacións que axudan a dinamizar a vida social, deportiva e cultural do municipio.

A maiores, tamén haberá un apartado especial para os catro centros socioculturais que continúan mantendo as súas tradicións e identidade lugareña. No acto se premiará aos homenaxeados cun agasallo e un vídeo en sinal de recoñecemento e recordo.

O listado dos premiados en deporte infantil e xuvenil son para Antía Varela e Alba María Vázquez, Carla Vilasánchez, Faia Varela, Diego Varela e Unai Moya. En canto os senior os recoñecementos serán para Alba Rivas e Aida Carro, Álvaro Illobre, Juancho Romero, Paula Mayobre e José Juan Vilasánchez e José Deus.

Os premios na categoría de entidades culturais serán para a Cofradía de Jesús Nazareno y Soledad de Nuestra Señora e a Sociedade Cultural O Tilo, ambas entidades cumpren anos. O listado tamén inclúe aos centros socioculturais da Agrupación Instrutiva de Caamouco, o Casino Aresano, o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro e o CIRS de Cervás.

Finamente, os recoñecementos na categoría individual de Cultura inclúen a Gelucho Iglesias con 40 anos na Comisión de Festas de San Roque, o artista Antonio Seijas, o cantante Enrique Ramil, Jaime Sánchez Muíños da Banda Sinfónica Xuvenil, ao director do IOC de Gijón Javier Cristobo, e a Verónica Rodríguez, premio extraordinario da ESO.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies