Home / Ferrolterra / Ares / Ares programa unha andaina para coñecer as Fragas do Eume

Ares programa unha andaina para coñecer as Fragas do Eume

A ruta pasará pola Fraga dos Cerqueiros (foto: Wikiloc)

FERROL360 | Mércores 3 enero 2024 | 11:43

Coñecer Monfero e adentrarse nas Fragas do Eume é o obxectivo da primeira quinta ruta do programa SendAres 23-24, organizada pola Concellería de Deportes do municipio, que terá lugar o próximo domingo 21 de xaneiro. As persoas interesadas en participar na andaina poden facer a reserva dende as 18:00 horas do mércores 3 de xaneiro, momento no que abre o prazo de inscrición. Nesta ruta guiada de 17 quilómetros, os sendeiristas percorrerán unha das zonas con máis historia do Parque Natural, transitando polo camiño dos Cerqueiros ata chegar ao Mosteiro de Caaveiro.

A andaina iníciase nos piñeirais das áreas máis elevadas do bosque Atlántico, descendendo logo cara ás fragas próximas ao encoro. Durante o percorrido, de dificultade media-baixa, pásase polo miradoiro do monte Carbaoeira, desde onde se poden gozar de excelentes vistas do municipio das Pontes e do val do Xestoso. A iniciativa municipal reserva 25 prazas para esta ruta que ten un prezo de 20 euros e inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:00 horas e chegará ao núcleo da vila ás 16:00 h. no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade. Dende a área de Deportes do Concello informan que a reserva das prazas pódese facer a través da páxina do Concello dispoñible neste enlace e que se cubrirán por orde de inscrición ata as 10:00 horas do 12 de decembro ou ata esgotarse.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies