Home / Actualidad / Ares renova o convenio con Defensa para a cesión temporal do Mosterio de Santa Catalina

Ares renova o convenio con Defensa para a cesión temporal do Mosterio de Santa Catalina

FERROL360 | Luns 14 outubro 2013 | 18:42

O Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, as baterías de costa situadas na península do Segaño e Coitelada e os camiños e pistas militares do termo municipal de Ares continúan en mans do concello. O alcalde do municipio, Julio Iglesias, asinou por segunda vez o acordo co Ministerio de Defensa polo que se prorroga o convenio de cesión das propiedades do Ministerio.

O acordo, de catro anos de duración, permite ao Concello de Ares localizar escolas e obradoiros de emprego que poidan colaborar dalgún xeito na rehabilitación parcial das instalacións, e así en evitar a súa perda ou deterioro. Neste senso, o alcalde sinala que xa se levaron a cabo actuacións para a recuperación destes espazos para a celebración e potenciación de eventos deportivos e culturais.

Pon de exemplo o caso da Bailadora, utilizado como centro de apoio para eventos deportivos, nomeadamente da BTT, ou da hípica, coa actuación executada na batería de Montefaro, así como o tiro con arco no propio mosteiro de Santa Catalina, onde se habilitou un magnífico campo de tiro. Tamén destacou a celebración dos numerosos eventos culturais que se celebran no cenobio grazas á Asociación de Amigos de Santa Catalina.

Mosterio de Santa Catalina de Ares (foto: Concello de Ares. Jesús G.Taboada)

Mosterio de Santa Catalina de Ares (foto: Concello de Ares. Jesús G.Taboada)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies