Home / Actualidad / Ares solicita a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras

Ares solicita a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras

FERROL360 | Mércores 8 xuño 2016 | 9:31

O concello de Ares solicitou a súa adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia para evitar ou paliar os desafiuzamentos. Para explicar as doce medidas deste programa, a secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, María Ángeles Domínguez, mantivo este martes unha reunión co alcalde, Julio Iglesias.

O municipio poderá poñer en marcha os mecanismos de captación de vivendas baleiras para a súa inclusión no programa da Xunta de Galicia unha vez que se asine o correspondente acordo entre o IGVS e o concello adheríndose este último ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

O Programa de Vivendas Baleiras permitirá, grazas ao convenio asinado entre o IGVS e a Fegamp, destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas.

As vivendas que se incorporen a este programa terán aseguradas, por parte do IGVS e sen custe para os propietarios, unha serie de coberturas. Así, terán un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento.

Tamén contarán cun seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas.

Ata o momento, 19 concellos de Galicia solicitaron formalmente a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras. Outros 26 concellos, solicitaron do IGVS información previa á súa solicitude de adhesión ao convenio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies