Home / Ferrol / Narón / Arranca a campaña de doazón de sangue impulsada polo CTG e o Concello de Narón

Arranca a campaña de doazón de sangue impulsada polo CTG e o Concello de Narón

FERROL360 | Martes 5 xullo 2016 | 9:13

Xa está en marcha a campaña de doazón de sangue impulsada desde o Centro de Transfusión de Galicia -CTG)- e na que colabora o Concello de Narón co reparto de 11.000 dípticos informativos. A iniciativa arrancou este luns coa instalación dunha das unidades móbiles do CTG na Praza da Constitución durante toda a tarde.

Desde o Centro de Transfusión de Galicia lembran que os niveis de reserva máis baixos na actualidade correspóndense cos grupos A+ e B+, se ben salientaron a importancia de que se realicen tamén doazóns do resto de grupos sanguíneos.

A iniciativa, entre cuxos obxectivos está incrementar o número de doazóns de sangue na localidade, continúa este martes e o mércores. En ambas xornadas a unidade móbil do CTG localizarase nas inmediacións do centro de saúde de 9:30 a 14:30 e desde as 15:30 ata as 21:00 horas.

Desde o CTG subliñaron a importancia de incrementar as reservas de sangue no verán, ao ser unha época donde soe incrementarse a demanda debido ao aumento do número de accidentes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies