Home / Eume / Arranca a campaña de vacinación fronte á gripe para os profesionais da Área Sanitaria Ferrolá

Arranca a campaña de vacinación fronte á gripe para os profesionais da Área Sanitaria Ferrolá

Vacunación del personal sanitario en imagen de archivo (foto: Xerencia Integrada de Ferrol)
Vacunación del personal sanitario en imagen de archivo (foto: Xerencia Integrada de Ferrol)

FERROL360 | Luns 15 outubro 2018 | 18:36

Unha semana antes de que comece a Campaña da Gripe 2018, todo o persoal da Xerencia Integrada de Ferrol pódese vacinar estes días para afrontar o inicio da campaña xa protexidos fronte a esta enfermidade. Desde a Xerencia Integrada de Ferrol salientan que «é unha medida máis para evitar o posible risco de transmisión da gripe ós pacientes».

Os profesionais da área sanitaria contan normalmente cuns puntos de vacinación específicos, que este ano se habilitan unha semana antes. Para o persoal do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario, a vacinación será no Servizo de Medicina Preventiva; e, para o persoal do Hospital Naval e do Novoa Santos, na Unidade de Prevención de Riscos Laborais.

A maiores, durante esta semana, establécese un punto de vacinación nos vestiarios do Hospital Arquitecto Marcide, activo na entrada e saída das distintas quendas. Pola súa banda, o persoal de Atención Primaria vacinarase no seu centro de saúde. Para completar, farase unha campaña proactiva de captación dos profesionais polos distintos andares de hospitalización, coa vacinación no mesmo andar, se así o desexan.

Rematada esta semana, comenzará a campaña para a poboación xeral, de xeito continuado durante 10 semanas (do 22 de outubro ata o 29 de decembro). Durante a mesma, o persoal que o desexe seguirá a ter vacinas dispoñibles nos puntos fixos de vacinación, tanto nos hospitais do Complexo Universitario, como nos centros de saúde.

Campaña de vacinación

Desde o SERGAS lembran que o obxectivo da campaña de vacinación fronte á gripe é «minimizar o impacto desta enfermidade na saúde, e diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela».

A vacina da gripe, totalmente inocua, ten un importante beneficio en canto que reduce a incidencia desta enfermidade, pero moi especialmente diminúe a frecuencia de complicacións secundarias e, así mesmo, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe nas persoas maiores, con ou sen condicións médicas de risco, e noutras persoas con patoloxías previas.

A campaña deste ano, que comezará o vindeiro luns 22 de outubro para a poboación, ten como lema «Contaxia a túa enerxía e non a gripe». Outra das novidades da campaña deste ano é a utilización da vacina antigripal tetravalente, que se vai empregar en dous grupos de poboación: nas mulleres embarazadas e nos menores de 15 anos que presenten algunha condición de risco.

Ademais desta vacina tetravalente, durante a campaña 2018, empréganse outros dous tipos de vacina. Unha delas é a vacina convencional, que é unha antigripal inactivada de antíxenos de superficie e que pode ser utilizada a partir dos 5 anos de idade.

A outra das vacinas empregadas é a de antíxenos de superficie inactivados con adxuvante indicada para as persoas de 75 ou máis anos e para as ingresadas en residencias de 65 ou máis anos xa que esta vacina ten unha maior inmunoxenicidade, para os que xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas cun maior risco de complicacións.

A vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas e tamén para aquelas persoas entre seis meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe.

Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*