Home / Ferrol / Neda / Arranca a tempada de baño en Neda coa apertura da piscina municipal este sábado

Arranca a tempada de baño en Neda coa apertura da piscina municipal este sábado

FERROL360 | Venres 11 xullo 2014 | 20:16

A piscina municipal de Neda abre as súas portas este sábado e permanecerá aberta ata o 15 de setembro. Os horarios son os seguintes: de luns a venres de 11:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a domingo. O custo da entrada está establecido en 1,50 e 3 euros para menores e maiores de 14 anos, respectivamente.

Os veciños poden expedir os seus correspondentes bonos para a tempada, co que se abaratan os custos. Así, o prezo dos individuais é de 15 e 21 euros para menores e maiores de 14 anos, namentres que o familiar é de 36 euros. A piscina contará cun conserxe e un socorrista, que velarán polo correcto uso das instalacións.

De 25 metros por 15, ten unha profundidade que oscila entre os 1,20 e os 1,30 metros, facéndoa idónea para o uso dos máis pequenos. Os abonos, así como as entradas, deben retirarse na propia piscina.

A piscina municipal abre unha vez rematadas as obras de acondicionamento e reposición de materiais tras os actos vandálicos rexistrados nas instalacións, actos que obrigaron á administración local a colocar novas duchas e baldosas.

Estes traballos completáronse con outros de mellora, como o tratamento dos bancos de madeira ou o arranxo dos teitos dos vestiarios, moi deteriorados ata o de agora.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies